Mostrando entradas con la etiqueta amajazz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta amajazz. Mostrar todas las entradas

CONCERTOS VII SEMINARIO DE BURELA

Este sábado en Burela, arranca o VII Seminario de Jazz e Música Moderna Burela, no Hotel Nordés con AMAJAZZ Big Band en concerto, ás 22:30 horas, dirixida por Israel Arranz. 

CONCERTOS DO SEMINARIO
Ás 22:00 horas no centro de asociacións,(antiga praza de abastos).

Domingo 13. COMBO DE PROFES
Luns 14. CONCERTO DE ALUMNOS E ALUMNAS
Martes 15. DANI JUÁREZ QUINTET
Mércores 16. SUMRRÁ
Xoves 17. CONCERTO DE CLAUSURA (20:00 h. Auditorio)




Inscrición VI Seminario



Hai só uns días anunciábamos a celebración do VI Seminario de Jazz e Música Moderna, que terá lugar en Burela entre o 15 e o 19 de xullo. Hoxe  informamos a todas as persoas interesadas en asistir, que desde este momento e ata o 7 de xullo, poderán realizar a súa solicitude de inscrición.

Tedes toda a información relativa a horarios, profesorado, prezos, aloxamento, impresos... na pestana "VI Seminario" na parte superior do blog. As persoas que desexen inscribirse deberán enviar a documentación requerida ao enderezo electrónico: asociacion.marina.jazz@gmail.com

Profesorado VI Seminario:
  • Leo Giannetto. Voz e guitarra
  • Harry C (Milladoiro). Violín-corda
  • Roberto Bouça. Saxofón-vento madeira
  • José Nine. Saxofón-vento madeira
  • Rubén Salvador. Trompeta-vento metal
  • Roberto Pacheco. Trombón-vento metal
  • Javier Constenla. Piano
  • Quique Alvarado. Baixo eléctrico
  • Israel Arranz. Vibráfono-percusión
  • Miguel Cabana. Batería-percusión
  • Dimitris Angelakis. Vibráfono (artista convidado)

Nace AMAJAZZ, Asociación Mariña Jazz



Nace AMAJAZZ, Asociación Mariña Jazz, que se encargará da organización do V Seminario de Jazz e Música Moderna, entre outras actividades que irán programando como jam sessions, master class, información sobre concertos...

O equipo promotor desta asociación convoca a todos os participantes en anteriores edicións do Seminario de Jazz e Música Moderna, así como a todas as persoas interesadas, ao acto de presentación de AMAJAZZ, que se celebrará o vindeiro venres, 4 de maio, ás 20:30 horas, na Sala de Conferencias de Burela (Antiga Biblioteca). 

Os promotores explicarán os fins nos que se fundamenta esta asociación sen ánimo de lucro e recollerán todas as ideas e propostas que podan xurdir por parte das persoas asistentes ao acto. Avanzan que os socios e socias beneficiaranse de descontos na matrícula do Seminario de Jazz.

As persoas interesadas poden contactar cos responsables de AMAJAZZ no correo electrónico asociacion.marina.jazz@gmail.com

AMAJAZZ é unha asociación sen ánimo de lucro co simple afán de achegar o Jazz a afeccionados e profesionais da música, entendendo este como un xénero no que se inspiran un grande número de estilos e tendencias musicais. Partindo deste principio, os seus fins principais son:
- Promover o estudo do jazz e a improvisación musical.
- Dinamizar a cultura musical na Mariña
- Potenciar a educación en valores a través da práctica musical grupal.
- Fomentar a dimensión lúdica e social da música.
- Favorecer a participación activa de todos os socios e socias na organización de actividades.