Onte concluiu o IV Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela con un concerto de clausura a cargo do alumnado e profesorado. O público asistente tivo a oportunidade de escoitar as distintas agrupacións que se formaron neste curso e apreciar o traballo que realizaron durante toda a semana.
As persoas matriculadas no curso puideron facer unha achega ás distintas técnicas e estilos musicais, sempre asesoradas polos profesores do curso: Leo Giannetto (voz e guitarra), José Nine (vento madeira), Roberto Pacheco (vento metal), Javier Constenla (piano), Miguel Cabana (batería e percusión) e Quique Alvarado (baixo eléctrico). Israel Arranz, Silvia Amigo e Roberto Bouça, foron os encargados de dar apoio a estes profesores tanto en aspectos musicais, como en cuestións organizativas.
No concerto puidemos escoitar distintas formacións, como por exemplo a big band dirixida por Quique Alvarado, encargada de interpretar arranxos de temas clásicos do jazz, o combo avanzado dirixido por Javier Constela, que versionou temas de grandes intérpretes como McCoy Tyner ou Thelonious Monk, así como o combo e agrupacións de cámara dirixidas por José Nine, que interpretaron temas que ían desde clásicos do jazz ata arranxos próximos á música contemporánea. Outra agrupación que participou neste concerto de clausura foi o combo infantil, dirixido por Israel Arranz e Roberto Bouça, que interpretou un blues composto para a ocasión titulado Burela in Blue, así como un tema funk-rock. Tamén participou o combo dirixido por Roberto Pacheco e Quique Alvarado, que interpretou un tema propio no que se achegaron ao free jazz fusionado con elementos da música flamenca, así como un tema arranxado polo trompetista e colaborador deste IV seminario Rubén Salvador. Miguel Cabana foi o encargado de dirixir, xunto con Israel Arranz a big band na que participaron os alumnos máis pequenos do seminario, que precederon á agrupación dirixida por Leo Giannetto e Miguel Cabana, encargados de por o punto e final a este concerto, con temas rock nos que participaron os alumnos e alumnas de voz e guitarra. Como colofón, todos os alumnos e alumnas do curso interpretaron conxuntamente o tema dos The Beatles Hey Jude.
Ao acto acudiu o vicepresidente primeiro da Deputación Pronvincial de Lugo, Antonio Veiga, quen fixo entrega dos diplomas acreditativos aos alumnos e alumnas do seminario.
Despois da alta participación, tanto de alumnado matriculado como de público asistente aos concertos e jam sessions, desde a organización avaliamos moi positivamente os resultados deste IV Seminario e xa pensamos na preparación do próximo, na que será a súa quinta edición. Por outro lado, quixéramos agradecer o enorme apoio de todas as persoas que colaboraron activamente tanto co seu traballo como coas aportacións económicas que contribuiron ao financiamento do seminario, así como tamén agradecer a colaboración das distintas institucións públicas que fixeron que este IV Seminario fora posible.