Nace AMAJAZZ, Asociación Mariña Jazz



Nace AMAJAZZ, Asociación Mariña Jazz, que se encargará da organización do V Seminario de Jazz e Música Moderna, entre outras actividades que irán programando como jam sessions, master class, información sobre concertos...

O equipo promotor desta asociación convoca a todos os participantes en anteriores edicións do Seminario de Jazz e Música Moderna, así como a todas as persoas interesadas, ao acto de presentación de AMAJAZZ, que se celebrará o vindeiro venres, 4 de maio, ás 20:30 horas, na Sala de Conferencias de Burela (Antiga Biblioteca). 

Os promotores explicarán os fins nos que se fundamenta esta asociación sen ánimo de lucro e recollerán todas as ideas e propostas que podan xurdir por parte das persoas asistentes ao acto. Avanzan que os socios e socias beneficiaranse de descontos na matrícula do Seminario de Jazz.

As persoas interesadas poden contactar cos responsables de AMAJAZZ no correo electrónico asociacion.marina.jazz@gmail.com

AMAJAZZ é unha asociación sen ánimo de lucro co simple afán de achegar o Jazz a afeccionados e profesionais da música, entendendo este como un xénero no que se inspiran un grande número de estilos e tendencias musicais. Partindo deste principio, os seus fins principais son:
- Promover o estudo do jazz e a improvisación musical.
- Dinamizar a cultura musical na Mariña
- Potenciar a educación en valores a través da práctica musical grupal.
- Fomentar a dimensión lúdica e social da música.
- Favorecer a participación activa de todos os socios e socias na organización de actividades.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Por fin un parto feliz, ven vida sexa esta criatura tan pequena a un mundo tan grande, esparemos saber mecela e non defraudala.- Urraaaaaaaaaaa