Aberto prazo de inscrición no V Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela


Informamos que ven de abrirse o prazo de inscrición no V Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela, que terá lugar do 16 ao 20 de Xullo. Durante os cinco días de duración deste curso, o alumnado poderá asistir a clases de instrumento e harmonía moderna, participar nos distintos combos que se organicen, así como tamén asistir aos concertos e participar nas jam sessions que haberá diariamente ao finalizar as clases .

Nesta edición, amplíase o profesorado participante con respecto ao IV Seminario, mellorando deste xeito a proposta didáctica e ofrecendo novas especialidades instrumentais que se imparten este ano por primeira vez neste Seminario.

Profesorado:
  • Leo Giannetto. Voz e Guitarra
  • Harry C. Violín
  • José Nine. Saxofón e Frauta.
  • Rubén Salvador. Trompeta e Fliscorno
  • Roberto Pacheco. Trombón
  • Javier Constenla. Piano
  • Quique Alvarado. Baixo
  • Miguel Cabana. Batería
 
O prezo da matrícula será de 80 € e de 50 € para socios e socias da Asociación Mariña Jazz (AMAJAZZ), entidade organizadora do V Seminario. Existe a posibilidade de facerse socio desta asociación para así poder beneficiarse do desconto no importe da matrícula, así como participar doutras actividades que se organicen durante todo o ano, como master class, jam sessions...

A organización tamén facilita distintas posibilidades de aloxamento para as persoas que asistan de fóra de Burela. Podedes descargar aquí a ficha de inscrición.

As persoas interesadas poden porse en contacto coa organización a través do correo electrónico asociacion.marina.jazz@gmail.com ou ben nos teléfonos 686.435.987 e 616.995.013.

Irase actualizando a información nos próximos días coas novidades que vaiamos tendo, como información sobre o profesorado, concertos, etc.

Vémonos en Burela!


No hay comentarios: