Novos profesores no V Seminario

Nesta V edición, o Seminario de Jazz e Música Moderna contará con dous novos profesores que se sumarán ao profesorado que xa participou en anteriores edicións. 

Eles serán Harry C, violinista do grupo de folk galego Milladoiro e Rubén Salvador, un dos trompetista máis relevantes do momento. Ambos os dous compaxinan a interpretación musical coa docencia, impartindo clase en distintos centros especializados en jazz e música moderna.

Proposta didáctica para as clases de violín:
O Violín Polifacético
  • Os estilos e os seus mestres
  • Country, rock, blues, bluegrass, western swing, jazz, folk...
  • Mark O'Connor, Jean-Luc Ponty, Nigel Kennedy, Alasdair Fraser, Stephan Grappelli, Bob Wills...
  • Técnica, interpretación e improvisación
  • O'Connor Violín Method

Proposta didáctica para as clases de trompeta: 
  • Técnica da Trompeta Moderna
  • O fraseo e diferentes articulacións.
  • A improvisación como medio de expresión. 
  • Coñecemento e estudo dos diferentes modos, escalas e acordes; e a súa aplicación á hora de improvisar. 
  • O papel da Trompeta en diferentes formacións (Solista, Combo, Big Band, etc.) 

No hay comentarios: