MJP en concerto


O cuarteto Marosa Jazz Project presentará en concerto os temas da súa primeira gravación, na que fan unha reinterpretación persoal de distintos standars de jazz adaptados ás características da formación. Ademais, interpretarán temas propios, dentro do que é o estilo que mellor define á agrupación, o latin-jazz, compostos polo arranxista e vibrafonista Israel Arranz.

A cita terá lugar o próximo venres, 4 de marzo, ás 21:30 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Burela. A entrada de balde.

Intérpretes:
  • Roberto Bouça: saxo alto
  • Israel Arranz: vibráfono
  • Mario Arranz: baixo eléctrico
  • Eusebio L. Egea: batería

No hay comentarios: