IV Seminario de Jazz e Música Moderna. Burela 2011



Xa está aberto o prazo de matrícula no IV Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela, que terá lugar do 17 ao 22 de xullo.

Nesta edición, o Seminario voltará contar con 6 profesores encargados das distintas especialidades instrumentais, todos eles cunha ampla experiencia no mundo da interpretación e da docencia, sendo a maioría deles habituais neste seminario.

Por especialidades, estes serán os profesores do IV Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela:
Estes profesores contarán coa axuda de outros tres profesores de apoio da Escola de Música de Burela:
  • Silvia Amigo. Piano
  • Israel Arranz. Vibráfono e percusión.
  • Roberto Bouça. Instrumentos melódicos.
O xoves, teremos unha master class de guitarra a cargo de David Vázquez "Tato", guitarrista dos Bakin Blues Band, que actuarán esa mesma noite na cafetería Atrezzo.

Cabe destacar que paralelamente á xornada de clases e ensaios haberá concertos nocturnos durante todos os días, como ocorreu en edicións anteriores. É por isto, que podemos dicir que non se trata só dun seminario, mais tamén dun festival de Jazz en toda regra que fixo posible que durante as tres edicións anteriores pasaran por Burela músicos e agrupacións destacadas do panorama musical do jazz.

Nesta cuarta edición contaremos cos seguintes concertos:
  • Domingo 17 de xullo. Concerto de presentación do seminario, ás 20:30 h. no auditorio da casa da Cultura.
  • Luns 18 de xullo. Combo de "profes". 22:00 h. Atrezzo Café.
  • Martes 19. Marosa Jazz Project. 22:00 h. Atrezzo Café
  • Mércores 20. Combos alumn@s. 22:00 h. Atrezzo Café
  • Xoves 21. Bakin Blues Band. 22:00 h. Atrezzo Café
  • Venres 22. Concerto de clausura a cargo do alumnado do seminario, ás 20:00 horas no auditorio da casa da cultura.
As persoas interesadas en asistir a este IV Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela poden porse en contacto coa organización a través do correo electrónico seminariojazzburela@gmail.com ou ben a través dos teléfonos 686435987 e 616995013.

O prazo de inscrición finaliza o 8 de xullo, estando limitadas as prazas, polo que se terá en conta a orde de chegada das inscricións. Para máis información e ficha de inscrición, pode ser consultado e descargado o tríptico en PDF.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Neste IV seminario de Jazz e música moderna ímonos desmelenar e dar todo. Estamos necesitados de esta fantástica iniciativa musical, que xa vai polo cuarto ano, para seguir a crer nos principios básicos da música: expresión, creación e manifestación solidaria de todo aquelo que sentimos e queremos compartir. Ánimo a todos e adiante!.