Nova entidade organizadora do IV Seminario de Jazz e Música Moderna



Anunciamos que a Asociación Pedagóxico-Musical Marosa Jazz será a nova entidade organizadora do IV Seminario de Jazz e Música Moderna, que se celebrará entre o 18 e o 22 de xullo en Burela.

Informamos que a organización mantén a mesma programación tanto para as clases como para os concertos e jam sessions e que do mesmo xeito, se mantén o profesorado que estaba previsto: Leo Giannetto (voz e guitarra), José Nine (vento madeira), Roberto Pacheco (vento metal), Javier Constenla (piano), Quique Alvarado (baixo) e Miguel Cabana (batería). As clases levaranse a cabo nas instalacións da Escola de Música Municipal de Burela e os concertos e jam sessions terán lugar no Café Atrezzo durante toda a semana, ás 22:00 horas. O domingo, 17 de xullo haberá un concerto de presentación ás 20:00 horas no auditorio da casa da cultura e o venres 22, terá lugar o concerto de clausura a cargo do alumnado do seminario, ás 20:00 horas no auditorio.

A organización facilita un novo número de conta para efectuar o ingreso das taxas de inscrición.

As persoas interesadas en asistir poden porse en contacto coa organización no mail seminariojazzburela@gmail.com ou nos teléfonos 686435987/616995913.
  • Alumn@s activos: 80€
  • Alumn@s oíntes: 40€
  • Número de conta 2100-2460-81-0100270571
Animamos a todas as persoas que disfruten coa música a participar neste seminario lúdico e formativo.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Grazas, Grazas, Gracias, Gracias, veces infinitas