Finaliza o III Seminario de Jazz e Música Moderna.



Un ano máis puidemos disfrutar e aprender no Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela, no que é a súa terceira edición. Fumos case sesenta persoas -alumnado e profesorado, pequen@s e maiores- compartindo aulas durante unha intensa semana na que puidemos aprender moito tanto dos profesores, como dos propios alumnos e alumnas e na que tivemos a oportunidade de tocar uns con outros en distinas formacións.

No concerto de clausura, que tivo lugar ás 20:00 horas do venres 23 de xullo, no auditorio da Casa da Cultura de Burela, puidemos escoitar as seguintes formacións:
  • Grupo de Percusión, dirixido por Miguel Cabana.
  • Combo de Roberto Pacheco e Quique Alvarado.
  • Combos de José Nine.
  • Combo de Javier Constenla.
  • Big Band, dirixida por Quique Alvarado.
  • Combo vocal/instrumental de Leo Giannetto e Miguel Cabana.
  • Agrupación de todo o alumnado e profesorado.
Desde a organización queremos agraceder a todos e todas as que participastes no Seminario a actitude positiva que mantivestes durante toda a semana, tanto na atención nas aulas, como na participación nos distintos concertos e jam sessions que houbo durante toda a semana. Agraceder tamén a todo o público a súa presenza nos concertos que nos animou e deu forzas para continuar día tras día.

O noso maior agradecemento, como non, para os profesores de luxo cos que contamos neste III Seminario, que se volcaron con todos os alumnos e alumnas desde o primeiro ao último momentos, independentemente de cal fose o nivel de cada un. Un luxo tamén, ver os seus concertos. Quique Alvarado, Miguel Cabana, Roberto Pacheco, José Nine, Leo Giannetto, Javier Constenla... UN MILLÓN DE GRACIAS!!!

Esperamos vervos axiña a tod@s!

Un saúdo dos organizadores,
Israel e Roberto.

No hay comentarios: