Neste V Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela contaremos un ano máis cos profesores Javier Constenla (piano) e Roberto Pacheco (trombón). Ambos teñen unha dilatada experiencia tanto no terreo educativo como no interpretativo, participando en diversos proxectos musicais, ben liderando as súas propias agrupacións ou ben como colaboradores en distintas propostas musicais que van desde a música escénica (teatro, musical, televisión...) até a música pop e outros estilos.
Proposta didáctica Piano
- Aplicación da harmonía moderna ao piano ou teclado e as súas vantaxes á hora de empregar software de composición ou edición.
- Función de acompañamento, técnicas de harmonización ao piano, composición práctica de melodías e técnicas de improvisación.
- Comprensión mediante audición e explicación de estilos de música moderna definidos como: Latin, Rock, Funk, Pop, Blues, Jazz.
- Clases prácticas adaptadas ás necesidades persoais de cada alumno ou alumna e as súas demandas que podan encaixa e cumprir obxectivos concretos dentro do formato pedagóxico temporal dun Seminario.
- Na medida do posible, aprendizaxe polo método de pequenos proxectos. Compoñer un pequeno fragmento de Funk despois da súa análise e estudo.