Presentación do V Seminario

Ola a todas e todos:

En apenas de 24 horas dará comezo o V Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela. Todos estamos quentando motores e ultimando preparativos. Ante as posíbeis dúbidas sobre a ubicación das instalacións que albergarán o seminario deste ano, aclarar que serán no Colexio de Educación Infantil e Primaria (C.E.I.P.) VIRXE DO CARME de Burela e non onde se celebrou todas as edicións anteriores.

Polo tanto, vémonos mañá, luns 16 de xullo de 2012, no C.E.I.P. VIRXE DO CARME, no edificio do colexio que está xusto fronte á Taberna ABRENTE ás 10:30 horas.

Para os que teñades dúbidas sobre a ubicación do CEIP VIRXE DO CARME velaquí unha ligazón de google maps.


Tes dúbidas de como chegar ao CEIP VIRXE DO CARME?

  • Vindo en dirección dende Viveiro pola N-642: Meterse en Burela polo 1º desvío e continuar pola avda. xeral. Cando se chega ao 1º semáforo xirar á esquerda. Seguir recto e cando se chega ao seguinte semáforo xirar á esquerda de novo por unha rúa en pendente, e, xa está o Virxe do Carme.
  • Vindo en dirección dende Foz pola N-642. Meterse en Burela polo 1º desvío e continuar pola avda. xeral. Cando se chega ao 5º semáforo xirar á dereita. Seguir recto e cando se chega ao seguinte semáforo xirar á esquerda por unha rúa en pendente, e, xa está o Virxe do Carme.

No hay comentarios: