Este concerto forma parte dunha serie de intercambios entre alumnado das escolas de música de Silleda, Burela e Estudio Escola de Santiago de Compostela. O encontro musical de Silleda leva por título Descubrindo novos estilos: O Jazz e ven a ser o segundo encontro dunha serie de tres que daban comezo o pasado mes decembro, cando rapaces e rapazas de Burela participaban no festival de Nadal de Estudio Escola en Santiago de Compostela, concerto que tiña lugar na aula sociocultural de Caixa Galicia. O último encontro entre os tres centros terá lugar o próximo 24 de abril en Burela e virá pechar un fin de semana dedicado ao jazz en Burela que terá o seu preludio o Venres, 23 de abril, día no que a Burela Blues Band dará un concerto no que é xa o V Aniversario desta formación musical.
Estes encontros queren dar a coñecer estilos musicais como o jazz ou o que se deu en chamar de forma xenérica "músicas modernas", onde se incluirían estilos como o latin, funky, swing, bossa nova, pop, etc. Quérese deste xeito, ofrecer aos rapaces que habitualmente receben unha formación clásica nas escolas de música e conservatorios, a posibilidade de tocar novos estilos musicais e que podan ter unha visión máis ampla do fenómeno musical.
Os concertos foron coordinados por Rafael Agulló, director da Banda de Música de Silleda, José Nine, profesor de saxofón e combo e director da Orquestra Xuvenil de Estudio Escola e por Israel Arranz e Roberto Bouça, directores da Burela Blues Band e da Banda de Música de Burela respectivamente e coordinadores dos seminarios de jazz e música moderna que organiza a Escola de Música Municipal de Burela no mes de xullo.
Precisamente, con este tipo de concertos centrados no jazz, pretende darse continuidade durante o ano ao traballo que realizan os rapaces durante toda unha semana de verán no Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela.
Todos os concertos están dirixidos por José Nine, especialista en jazz e músicas modernas e profesor habitual nos seminarios de jazz de Burela.

2 comentarios:
MUY BIEN LA JORNADA DE SILLEDA, MEJOR QUE UNA ESCURSION, GRACIAS A TODOS LOS QUE COLABORAN PARA QUE LOS ALUMNOS DIVIRTIENDOSE PUEDAN APRENDER, CONOCER COMO ENSEÑAN OTROS PROFESORES, VER LAS DIFICULTADES PARA COORDINAR TANTOS NIÑOS EN POCO TIEMPO Y QUE TODO SALGA BIEN.
EL CONCIERTO DURO POCO, PERO FUE MARAVILLOSO, GRACIAS PROFES DE SILLEDA, SANTIAGO Y BURELA
NANO
Veamos chavales. Ya estamos cocinando el próximo intercambio en Burela, además de preparar el concierto con la BBB (que yo ya estoy apuntado y aún no me se los temas). Hay un pequeño dossier de lo de Silleda en josenine.com y en escola-estudio.com. Podréis además ver algún video del "gran maestre" Rafa Agullo, presentando este evento en la tele de Silleda. Aumentaré este dossier con las fotos de la actuación en directo, que nuestro reportero oficial (sobran las palabras) me pasará. Hay videos de la actuación en directo, cuando me los pase Rafa, estará todo subido. También tengo que subir la lista definitiva de componentes para que aparezca. Podeir ver alguna cosa en bandadesilleda.blogspot.com
P.D.: Espero que lo hayais pasado Ok, a pesar de tener que aguantarme todo el día en los ensayos. Yo si que me lo he pasado bien.
Un saludo
José Nine
Publicar un comentario