Aberto prazo de inscrición no III Seminario



Xa está aberto o prazo de inscrición no III Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela que decorrerá entre o 18 e o 23 de Xullo. As fichas de inscrición poderán ser entregadas na Escola de Música Municipal ou ben ser enviadas por correo postal ou electrónico aos respectivos enderezos:

ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE BURELA
RÚA DA FONTELA, 33
27880 BURELA
seminariojazzburela@gmail.com

A ficha deberá ser debidamente cuberta e será remitida xunto coa fotocopia do D.N.I. e o xustificante do pagamento bancario.

Este ano, a organización do Seminario ofrece a posibilidade de aloxamento para todas aquelas persoas interesadas, que poderán escoller entre as seguintes opcións:
  • Os alumnos e alumnas que o desexen poderán aloxarse en réxime de cuarto compartido e pensión completa por 150 €. As reserves deberán ser feitas antes do 25 de xuño preferentemente.
  • Tamén se ofrece a posibilidade de aloxamento gratuíto nas instalacións municipais do Concello de Burela. Esta opción non inclúe manutención e dependerá do número de interesad@s. Reservar preferentemente antes do 25 de xuño.

No hay comentarios: