Este concerto forma parte dunha serie de intercambios entre o alumnado das escolas de música de Silleda, Burela e Estudio Escola de Santiago de Compostela. O encontro musical de Burela leva por título Tocando novos estilos e ven a ser o último encontro dunha serie de tres que daban comezo o pasado mes decembro, cando rapaces e rapazas de Burela participaban no festival de Nadal de Estudio Escola en Santiago de Compostela, concerto que tiña lugar na aula sociocultural de Caixa Galicia. Tras o concerto de Silleda, que tivo lugar o pasado 20 de marzo, os tres centros musicais voltarán encontrarse en Burela o próximo sábado, 24 de abril, día no que se vai pechar unha fin de semana adicada ao jazz que terá o seu preludio o Venres, 23 de abril, co concerto da Burela Blues Band coincidindo co seu V aniversario.
Estes encontros queren dar a coñecer estilos musicais como o jazz ou o que se deu en chamar de forma xenérica "músicas modernas", onde se incluirían estilos como o latin, funk, swing, bossa nova, pop, etc. Quérese deste xeito, ofrecer aos rapaces que habitualmente receben unha formación clásica nas escolas de música e conservatorios, a posibilidade de tocar novos estilos musicais e que podan ter unha visión máis ampla do fenómeno musical.
Os concertos foron coordinados por Rafael Agulló, director da Banda de Música de Silleda, José Nine, profesor de saxofón e combo e director da Orquestra Xuvenil de Estudio Escola e por Israel Arranz e Roberto Bouça, directores da Burela Blues Band e da Banda de Música de Burela respectivamente e coordinadores dos seminarios de jazz e música moderna que organiza a Escola de Música Municipal de Burela no mes de xullo.
Precisamente, con este tipo de concertos centrados no jazz, pretende darse continuidade durante o ano ao traballo que realizan os rapaces durante toda unha semana de verán no Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela.
Todos os concertos están dirixidos por José Nine, especialista en jazz e músicas modernas e profesor habitual nos seminarios de jazz de Burela.

No hay comentarios:
Publicar un comentario