Por segundo ano consecutivo Burela contará co seu Seminario de Jazz e Música Moderna, organizado pola Escola de Música Municipal de Burela e pola Delegación de Educación do Concello de Burela, contando coa colaboración especial de Estudio Escola de Música.
Despois do éxito do I Seminario, que tiña lugar o pasado ano, este II Seminario verá ampliada a oferta formativa coa incorporación de novo profesorado de especialidades instrumentais que nos viñan demandando. Así, aos profesores José Nine (saxo e frauta) e Javier Constenla (piano), que xa estiveron no I Seminario, este ano súmanse Leo Giannetto (voz e guitarra), Quique Alvarado (baixo) e Miguel Cabana (batería).
O Seminario desenvolverase entre o 13 e o 17 de xullo, na ESMU Municipal de Burela, estando aberto o prazo de matrícula desde este momento.
@s interasad@s podedes enviar a ficha de inscrición debidamente cuberta, xunto cunha copia do D.N.I. e o resgardo do ingreso bancario ao enderezo postal da Escola de Música:

1 comentario:
podiades traer algun metal non¡
xDD
Publicar un comentario